O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria vén de estrear a exposición 'Galegoza'

SarriaXa
Esta exposición itinerante ten por obxectivo facer un percorrido histórico desde os anos 60 do século pasado ata a actualidade arredor da música galega
Galegoza-IES-Xograr-Afonso-Gómez-Sarria
11 Oct 2024

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria vén de estrear a exposición 'Galegoza', un programa de Dinamización Lingüística a través das artes posta en marcha pola Deputación de Lugo. A exposición componse de dazaseis roll ups verticais que estarán no centro educativo durante dúas semanas.

Coa música, Galegoza estrutúrase a partir dunha exposición itinerante que ten por obxectivo facer un percorrido histórico desde os anos 60 do século pasado ata a actualidade arredor da música galega.

A mostra contén códigos QR inseridos en cada panel cunha ligazón directa á lista de reprodución Galegoza para poder escoitar as bandas e solistas que a compoñen.

Do mesmo xeito, a proposta contén unha unidade didáctica elaborada pola escritora Rosalía Fernández Rial, arredor da exposición para facilitarlle o traballo ao profesorado e introducir a nosa música nos proxectos de centro.

Para a inauguración da mostra realizouse unha charla-roteiro con Pepe Cunha, comisario da exposición e director do programa de radio e do portal web Ábrete de orellas, Premio Martín Códax da Música ao mellor Espazo de Comunicación Musical en 2016 e 2018.

O acto foi introducido por Efrén Castro Caloto, vicepresidente da Deputación de Lugo, Iria Castro Fernández, deputada de Cultura, José Manuel Valcarce, director do IES Xograr, e o profesorado de Lingua Galega e de Música do centro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1506941318512