O IES Xograr Afonso Gómez organiza unha saída en bicicleta para toda a comunidade educativa

SarriaXa
A actividade, que conta coa colaboración do DHG Team de Sarria, celebrarase o 14 de xuño e concluirá cunha comida na praia fluvial da Pobra de San Xiao
saída-en-bici-IES-Xograr-Sarria
27 May 2025

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria organiza unha saída en bici para todos os membros da comunidade educativa o vindeiro 14 de xuño e coa colaboración do DHG Team de Sarria.

Desta maneira, o sábado 14 de xuño comezará o percorrido ás 11.00 horas no instituto e as persoas participantes irán cara á praia fluvial da Pobra de San Xiao, onde rematará a actividade cun xantar conxunto.

Esta actividade busca promover o tempo de ocio activo entre os membros da comunidade educativa.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 11 de xuño ou ata que se esgoten as cincuenta prazas que existen para os participantes. A forma de anotarse será por medio do profesorado de Educación Física e a Vicedirección do Centro.

Ademais, lembran que cada menor de idade terá que estar acompañado por un adulto e o uso de casco será obrigatorio.

O centro ten un sistema de préstamo de bicis e cascos de balde para quen poda precisar material e haberá remolque para bicis e un coche de apoio.

⚙ Configurar cookies
0.15549492835999