O IES Xograr Afonso Gómez promove a cultura ecolóxica
O instituto Sarrián IES Xograr Afonso Gómez ten en marcha durante este curso numerosos proxectos para promover a cultura ecolóxica e o coidado do Medio Ambiente.
Ademais de dar continuidade á Campaña de mobilidade sostible iniciada o curso pasado e de manter os seus xa tradicionais concursos de aulas limpas e sostibles, este ano pasa a formar parte da primeira plataforma de sostibilidade e redución de impacto ambiental para centros educativos, a "Xeración ECO". Así cada mes e durante todo o curso, os membros da comunidade educativa poderán participar en retos sostibles. O primeiro reto "Un material que dá medo" segue vixente xa que durante o Halloween, expúxose unha colección de mosaicos con envoltorios de doces, realizáronse monstros con materiais de plástico reciclados, convocouse un concurso de microrrelatos de terror con temática ambiental, realizáronse diferentes exposicións (tanto na biblioteca como no Hall de entrada) e o alumnado de bacharelato fará un traballo de investigación sobre a contaminación por microplásticos no río de Sarria. Tamén se realizou un "Truco ou Trato" no que o alumnado de primeiro da ESO que entregou tapóns recibíu a cambio gominolas. Eses tapóns utilizaranse para decorar as aulas nos días previos ao Nadal e posteriormente serán doados para unha causa solidaria.