O IES Xograr Afonso Gómez recibiu a visita de Stop Accidentes

SarriaXa
El IES Xograr Afonso Gómez recibió la visita Stop Accidentes para enseñarles a los alumnos buenas conductas viarias.
ies xograr afonso gomez seguridade vial
19 Mar 2022

O IES Xograr Afonso Gómez recibiu a visita de varios monitores de Stop Accidentes, unha ONG recoñecida pola súa utilidade pública e fundada por familiares e amigos de vítimas de accidentes de tráfico. Eles prestan servizos aos afectados e promoven un cambio cultural sobre a seguridade vial, concienciando á sociedade en xeral para reducir a violencia vial e os seus efectos.

A iniciativa Concienciando e previndo accidentes de tráfico promove a seguridade e as boas prácticas dende idades temperás.

Así, neste obradoiro falaron sobre respecto, sobre as posibles consecuencias de condutas imprudentes na condución e tamén sobre o comportamento como peóns.

Ao longo da sesión presentaron o protocolo de medidas seguras para desprazarse cara á parada do autobús de escolares e durante o traxecto cara o colexio. Unha charla moi enriquecedora que encaixa perfectamente dentro da campaña escolar de mobilidade sostible e segura, "En bicicleta ao Xograr. Anímache a pedalear!”.

Educando en seguridade viaria aos nenos lógrase que coñezan as normas de circulación cando usen as vías públicas como peón, pasaxeiro ou condutor de bicicletas; desenvolven e adquiren hábitos de comportamentos viarios correctos, que valoren positivamente a importancia que ten o respecto das normas e sinais de tráfico e que adopten actitudes e valores cidadáns que lles leven ao uso adecuado, seguro e compartido das vías públicas.

0.16525101661682