O IES Xograr de Sarria participa da iniciativa Observa_Acción

SarriaXa
O IES Xograr de Sarria participa da iniciativa Observa_Acción da Xunta de Galicia e o vindeiro 31 de marzo dirán as conclusións
IES Xograr de Sarria
19 Mar 2023

Dez docentes do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria está a participar no programa de innovación educativa Observa_Acción da Xunta de Galicia.

Esta actividade de innovación consiste na observación entre iguais e fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes.

Os obxectivos fundamentais son colaborar na construción conxunta de coñecemento e promover o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.

Na primeira fase, cada docente observou unha sesión impartida por un compañeiro e analizou de forma xeral o seu traballo.

Na segunda fase a observación das sesións realizouse de forma focalizada, atendendo a aspectos específicos relativos á xestión da aula e ao proceso de ensino-aprendizaxe.

Memoria con reflexións

Ao remate desta iniciativa, os profesores terán que facer unha memoria coas reflexións obtidas presentarase á comunidade educativa antes do día 31 de marzo.

Unha vez valorada polo departamento de Innovación correspondente, se o centro é seleccionado, comezarán a realizar observacións entre docentes de diferentes centros da propia comunidade autónoma para no próximo curso traballar con centros doutras comunidades autómonas ou países.

0.16394805908203