O IES Xograr de Sarria participará no Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais

SarriaXa
O IES Xograr foi seleccionado para participar na Sección educativa do Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais impulsado desde o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
ies xograr afonso gomez 5
1 Out 2023

O IES Xograr foi seleccionado para participar na Sección educativa do Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais impulsado desde o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

A Sección Educativa puxo en marcha este primeiro ano unha fase piloto na que participarán 12 centros educativos públicos de distintas comunidades autónomas, que foron seleccionados polo Ministerio de Educación e o IES Xograr Alfonso Gómez de Sarria será un deles.

Esta actividade desenvolverase durante os meses de outubro e novembro de 2023, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Muller Rural e a Sección Educativa ofrecerá a posibilidade de que os centros públicos situados no rural poidan mostrar ao seu alumnado de xeito gratuíto dous títulos seleccionados polo seu interese cultural e pedagóxico: 'Auga”, de Elena López Riera, e 'Viaxe ao corazón dunha nai', de Celia Rico.

Máis actividades no proxecto

O profesorado participante tamén recibirá guías didácticas elaboradas expresamente para a ocasión con suxestións de actividades educativas para traballar con cada título antes e despois da proxección.

As actividades tamén inclúen encontros intercentros onde o alumnado participará en debates en liña guiados por un equipo de mediación cultural, encargado tamén da elaboración das guías didácticas.

En definitiva, desde o centro educativo defenden que é un programa pensado para facilitar a reflexión da mocidade e espertar unha visión crítica da representación da muller no cine e outros contidos audiovisuais.

0.14100480079651