O IES Xograr de Sarria recibirá a profesorado do IES Carlos Casares de Viana do Bolo no marco do programa Observa Acción
O IES Xograr de Sarria foi un dos 36 centros galegos seleccionados para pasar a fase II do programa Observa Acción, unha fase intracentros denominada 'Acolle', durante a que recibirá a profesorado do IES Carlos Casares de Viana do Bolo nos últimos días de maio.
Posteriormente, cinco profesores do centro sarriao visitarán ao centro homólogo ourensán para observar a súa práctica profesional e implicarse nun diálogo que contribúa á mellora das súas capacidades.
Nesta fase, que se desenvolverá ata xuño, cada centro traballará co seu par asignado, co que intercambiará experiencias durante un máximo de dous días, mentres actuará como mentor e observador, compartindo, colaborando, reflexionando, observando e formándose mutuamente.
Este intercambio permite experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa, tamén se facilita aos docentes a posibilidade de crear novas vías de xestión dos recursos propios e alleos que desenvolven outros centros.
Así mesmo, favorécese o traballo en equipo do profesorado con intereses compartidos e mesmo se abre a porta á colaboración con centros doutras comunidades autónomas ou países.