O II Encontro Máxico no Rural de Sarria consolídase como referente no municipio

Veciños e veciñas das parroquias de Loureiro, Chorente, Betote, Manán, Goián e Vilar de Sarria puideron desfrutar esta fin de semana da segunda edición do Encontro Máxico no Rural.
O evento máxico, organizado polo Concello de Sarria e o mago sarriao Roberto Lolo, foi todo un éxito, no que recoñecidos ilusionistas como Iago Saavedra, Mago Iago, Roberto Lolo, Sara Rodríguez e Nacho Nogueira levaron o seu espectáculo a diversos lugares do municipio.
Este II Encontro Máxico no Rural reforza o compromiso do Concello de Sarria coa descentralización da cultura, garantindo que a maxia sexa accesible a todos os recunchos do municipio.