O II Encontro Máxico no Rural en Sarria desenvolverase polas parroquias esta fin de semana

SarriaXa
Organizado polo Concello de Sarria e coordinado por Roberto Lolo, este encontro promete sorprender e emocionar aos asistentes
II-Encontro-Máxico-no-Rural-Sarria
9 Apr 2025

A segunda edición do Encontro Máxico no Rural terá lugar este sábado, co obxectivo de achegar a cultura e o espectáculo a todas as parroquias do municipio.

Así, os días 12 e 13 de abril, recoñecidos ilusionistas como Iago Saavedra, Mago Iago, Roberto Lolo, Sara Rodríguez e Nacho Nogueira percorrerán as parroquias de Loureiro, Chorente, Betote, Manán, Goián e Vilar de Sarria, levando a maxia a todos os recunchos do concello.

Concretamente, o sábado 12 de abril comezará en Loureiro ás 12.00 horas co Mago Iago e Roberto Lolo. Xa pola tarde Iago Saavedra e Sara Rodríguez estará en Chorente, a partir das 17.00 horas; e ás 20.00 horas rematarán en Goián Roberto Lolo, o Mago Iago e Nacho Nogueira.

Pola súa parte, o domingo 13 Nacho Nogueira e Sara Rodríguez estarán a partir das 12.00 horas en Manán; mentres que pola tarde Iago Saavedra e Nacho Nogueira irán ata Betote ás 17.00 horas; rematando Sara Rodríguez e Roberto Lolo en Vilar de Sarria ás 20.00 horas.

O II Encontro Máxico no Rural preséntase como unha opción de entretemento de calidade e reforza o compromiso do Concello de Sarria coa descentralización da cultura.

A través deste evento, as artes escénicas chegan a parroquias máis afastadas, garantindo que a maxia sexa accesible a todos os recunchos do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.11814999580383