O II Open do Camiño Vila de Sarria deixa un balance histórico para o Taekwondo Sarria con 66 medallas

Sarria acolleu a pasada fin de semana o II Open do Camiño Vila de Sarria de taekwondo, unha competición organizada pola AC Taekwondo Sarria que se saldou cun resultado histórico para o club anfitrión, que acadou un total de 66 medallas nun torneo que reuniu arredor de 400 inscritos e inscritas de distintos puntos de Galicia.
Na parte puntuable para a Selección Galega, o Taekwondo Sarria logrou dez medallas que lle permitiron rematar como segundo mellor club desta categoría. As medallas de ouro foron para Carla Rodríguez, Brais Lombardero e Mateo Fernández, así como para as parellas formadas por Martín Varela e Carla Rodríguez e por Brais Lombardero e Claudia Fernández. A medalla de prata foi para Martín Varela, mentres que os bronces recaeron en Sergio Castro a nivel individual, na parella formada por Sergio Castro e Daniela Maside e tamén na parella integrada por Uriel Gutiérrez e Mateo Fernández.
No apartado de parataekwondo, presente nun dos primeiros torneos de Galicia que inclúe esta modalidade, Nicolás González proclamouse campión, acadando a medalla de ouro.
Na categoría amateur, creada para fomentar a participación, os resultados foron tamén moi destacados. En competición individual conseguiron ouro Martín Cedrón, Arancha Riveiro, Andrea Vázquez, Uriel Gutiérrez, Samuel Maron, Yerai López, Cristian Vivas e Miguel Ángel López. As pratas foron para Jaime Dacal, Matías Gallent, Daniel Luengo, Juanjo López, Sara Ruiz, Alejandra Stanisoara, Iria Gasamans, Fidel del Río, Aylen Pumarega e Izan Rigueiro. As medallas de bronce recaeron en Martiño López, Pedro Jacob, Sara Raposo, Cleopatra Celeiro, Lucas Trebolle, Aaron González, Zulma Portugal, Raquel Vilarín, Marta Calvan, Nathan Fernández, Mauro García e Cloe Gómez.
Nas probas de parellas, tríos e quintetos, o club sumou un elevado número de metais. Destacaron os ouros do quinteto formado por Mauro, Daniela, Cloe, Lucas e Martín, do trío integrado por Claudia Fernández, Inés Bergantiños e Arancha Riveiro, así como dos quintetos compostos por Fir, Nicole, Juanjo, Cristian e Daniel e por Alejandra, Raquel, Zulma, Iria e Marta. As pratas chegaron da man da parella formada por Claudia Fernández e Arancha Riveiro e do trío composto por Fidel del Río, Miguel Ángel López e Sara Ruiz. O resto das participacións saldáronse con numerosas medallas de bronce en distintas modalidades colectivas.
O promotor do evento, Alex Losada, asegurou que esta edición “foi todo un éxito rotundo en todos os sentidos” e subliñou que o club está “moi contento con todos os medallistas”. Segundo explicou, os resultados permitiron ao Taekwondo Sarria ser primeiro na clasificación xeral amateur e segundo na parte puntuable, un fito que cualificou de histórico e que confirma unha traxectoria claramente ascendente.
Losada tamén puxo en valor o apoio do Concello de Sarria, tanto na organización como na entrega de premios, e destacou a satisfacción dos técnicos, das persoas participantes, tanto nenos como adultos, así como o impacto positivo do torneo na promoción turística da vila, xa que moitos dos asistentes destacaron a boa impresión que levaron de Sarria.
Finalmente, sostivo que "estes torneos son unha gran oportunidade para os deportistas e esperamos seguir promovendo estes eventos deportivos e en Sarria".