O Incio aborda coa Xunta as novas axudas para a rehabilitación de vivendas en concellos pequenos

SarriaXa
O alcalde Héctor Corujo mantivo unha reunión de traballo coa conselleira María Martínez Allegue en San Caetano
reunión-alcalde-do-Incio-e-conselleira-de-Vivenda
20 Jan 2026

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, mantivo unha reunión de traballo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, para analizar distintas cuestións de interese para o municipio, entre elas a nova liña de axudas impulsada pola Xunta de Galicia para a rehabilitación de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes.

No encontro, celebrado en San Caetano, tamén participou o director territorial da Consellería en Lugo, Marco Antonio Piñeiro. Durante a xuntanza, o rexedor trasladou á conselleira diversas prioridades do Concello do Incio, facendo especial fincapé na importancia destas axudas para facilitar a mellora do parque de vivenda e contribuír á fixación de poboación no rural.

A reunión serviu para intercambiar impresións sobre as necesidades actuais do municipio e sobre as posibilidades que ofrecen as políticas autonómicas de vivenda e infraestruturas para dar resposta ás demandas dos concellos de menor tamaño.

⚙ Configurar cookies
0.071178913116455