O Incio abre convocatoria para a contratación dun peón de servizos múltiples

SarriaXa
O posto ofertado é de carácter temporal, cunha xornada completa do 100% durante seis meses
Concello-do-Incio-portada
7 Mar 2025

O Concello de O Incio aprobou as bases para a selección dun peón de servizos múltiples, dentro do programa da Deputación Provincial de Lugo 'Reforzo do Emprego' do Plan Deputación 2025 – Contratación anticipada.

O posto ofertado é de carácter temporal, cunha xornada completa do 100% durante seis meses.

Segundo o establecido nas bases, os interesados poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 08:00 a 15:00 horas, dentro dun prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Ademais, as solicitudes tamén poderán rexistrarse de forma electrónica a través do Rexistro Electrónico Xeral do Concello de O Incio ou mediante outras plataformas habilitadas segundo a normativa vixente.

Esta iniciativa busca fortalecer o emprego local mediante a contratación de persoal para servizos municipais esenciais.

⚙ Configurar cookies
0.81411790847778