O Incio abre o prazo de inscrición para o campamento de verán

SarriaXa
O Concello do Incio abre as inscricións para os nenos e nenas que queiran participar no campamento urbano de verán gratuíto.
nenos incio escola
24 Xuño 2021

O Concello do Incio abre as inscricións para os nenos e nenas que queiran participar no campamento urbano de verán gratuíto que se levará a cabo nos vindeiros meses de xullo e agosto. Os asistentes ao campamento realizarán diferentes actividades de ocio e tempo libre con monitores especializados.

Os campamentos desenvolveranse na Cruz do Incio en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas.

Aqueles que queiran participar ou que estean interesados, poden conseguir máis información ou inscribirse nas oficinas do Concello ou a través do teléfono 982 42 70 14.

Esta actividade enmárcase dentro do Plan de Conciliación do Concello do Incio do que forman parte tamén o servizo madrugadores e as actividades extraescolares durante o curso e conta coa financiación da Secretaría Xeral de Igualdade e a Unión Europea.

0.13673520088196