O Incio abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán para nenos e nenas de 3 a 16 anos

O Concello do Incio abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos que busca ofrecer alternativas de ocio e aprendizaxe durante os meses de xullo e agosto.
As actividades desenvolveranse en horario de 09:00 a 15:00 horas e están financiadas a través do Programa Corresponsables.
O campamento incluirá propostas moi diversas, pensadas para estimular a creatividade, o respecto polo medio ambiente e a participación activa. Entre elas destacan talleres de música, pintura, educación ambiental, deportes, xogos e actividades bilingües, combinando diversión con aprendizaxe de maneira inclusiva e dinámica.
Desde o Concello animan ás familias a inscribirse e aproveitar esta oportunidade que busca favorecer a conciliación e ao mesmo tempo enriquecer o tempo de lecer da mocidade do municipio.