O Incio acolle a obra teatral As historias do avó Manuel
O Incio acolle o vindeiro domingo día 8 de agosto a obra de teatro As historias do avó Manuel, da que poderán desfrutar todos os públicos. A obra vén da man de Migallas Teatro e surxe a partir do libro Un avó especial. Este trata sobre a relación que existe entre un avó e a súa neta e, para iso, cóntanse ditos infantís de tradición oral xunto con cancións.
Na obra búscase presentar aos avós como transmisores da cultura tradicional e das sabedorías dos pobos, fronte á cultura imposta pola publicidade e a sociedade de consumo. Desta maneira, o obxectivo é que se continúe cos xogos e ditos dos nenos e nenas de antes, que empregaban como medio de diversión, aprendizaxe e socialización.
A actuación realizarase no edificio multiusos do Concello ás 19.30 horas e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias.