O Incio acolle a presentación do libro 'Unha árbore, un poema e o seu sentir', de Fina Maciolas

SarriaXa
A obra está baseada no horóscopo arbóreo celta e propón un percorrido poético e simbólico pola relación entre as persoas e as árbores
Concello_do_Incio
6 Feb 2026

O Concello do Incio acollerá este domingo, 8 de febreiro, ás 17.00 horas, a presentación do libro Unha árbore, un poema e o seu sentir, da autora Fina Maciolas.

A obra está baseada no horóscopo arbóreo celta e propón un percorrido poético e simbólico pola relación entre as persoas e as árbores. Cada exemplar vincula cada árbore cun símbolo e cada data cunha influencia, ofrecendo unha lectura íntima e reflexiva.

O libro combina poemas e fotografías da natureza máis próxima, poñendo en valor o contorno natural e a súa carga simbólica e emocional. Trátase dunha proposta que une literatura, tradición e natureza nun formato coidado e accesible.

A publicación corre a cargo de Peruchela Edicións e conta coa colaboración do Concello do Incio, que acolle este acto cultural aberto ao público.

⚙ Configurar cookies
0.072693109512329