O Incio acolle en novembro unha actuación de teatro dos Bolechas

SarriaXa
FalaRedes 2021, a rede de dinamización lingüística, presenta no Concello do Incio Os bolechas fan o camiño marciano.
actuacion espectaculo
11 Out 2021

FalaRedes 2021, a rede de dinamización lingüística, presenta no Concello do Incio Os bolechas fan o camiño marciano, un espectáculo teatral participativo para nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias.

Nel, o xogo e a diversión combínanse coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, Loli, Chispa, Sonia, Pili e Carlos, entre outros, que queren facer de novo o Camiño de Santiago, pero xa percorreron todas as rutas xacobeas.

A actuación levarase a cabo o vindeiro 6 de novembro, ás 17.30 horas. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.

bolechas fan o camiño marciano
0.08290696144104