O Incio acolle esta tarde unha ruta cultural polas súas igrexas máis emblemáticas

A Asociación As Cavarcas do Incio organiza esta tarde de sábado unha ruta cultural aberta a toda a veciñanza e visitantes para coñecer tres das igrexas máis representativas do municipio.
O percorrido dará comezo ás 16:30 horas no Hospital do Incio e incluirá visitas á igrexa de San Pedro Félix do Hospital do Incio, á igrexa de Santa Cruz do Incio e a Santa María do Mao.
O desprazamento entre os distintos puntos realizarase en coche e estará guiado polo colectivo Maisquerománico, que achegará explicacións sobre a historia e o patrimonio artístico de cada templo.