O Incio acolle o xoves charlas sobre a recollida de aceite de cociña usado

SarriaXa
Baixo o lema "coida o medio ambiente utilizando o colector para aceite de cociña", arrancarán o xoves estes encontros divulgativos.
INCIO_CHARLA
7 Xuño 2022

Baixo o lema "coida o medio ambiente utilizando o colector para aceite de cociña", arrancarán o xoves estes encontros divulgativos.

O vindeiro 9 de xuño haberá en O Incio un ciclo de charlas sobre a recollida de aceite de cociña usado. Ditos encontros están organizados polo Concello do Incio e incluirán tamén a entrega de embudos.

A xornada comezará no CEIP Ricardo Gasset, ás 11.00 da mañá, e continuará ás 16.00 horas no Val do Mao; en concreto, no Local Social de Santo Eufrasio. Xa ás 17.30, na Antiga Nave Gandeira de A Cruz do Incio, será ofrecido outro encontro informativo e ás 19.00 horas, no Local Social da parroquia Vila de Mouros, impartirase a última charla.

Os actos reciben o patrocinio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e a Oficina Española de Cambio Climático.

 

 

0.097818851470947