O Incio acolle obradoiros de igualdade e novas tecnoloxías

SarriaXa
A ANPA do CEIP Ricardo Gasset do Incio organiza talleres de igualdade e novas tecnoloxías no centro escolar
ordenador nenos tecnoloxia
15 Out 2021

A ANPA do CEIP Ricardo Gasset do Incio organiza talleres de igualdade e novas tecnoloxías no centro escolar os vindeiros días 20 e 21 de outubro de 17 a 19 horas. Con iso, o obxectivo é xogar, explorar e coñecer outras posibilidades e ferramentas desta nova modernidade.

As actividades, financiadas polo Ministerio de Igualdade, serán impartidas por Outonía.

Tamén poderán asistir as familias que non estean asociadas á ANPA do CEIP Ricardo Gasset. Aí pois, é preciso que exista previa inscrición no teléfono 686 57 33 82.

cartel incio escola
0.14689993858337