O Incio acolle un contacontos musicado da man da Cooperativa Outonía e a Fundación Legar

SarriaXa
A Fundación Legar e a Cooperativa Outonía organizan esta tarde na praza de España do Incio e a partir das 18.
contacontos musicado Incio
17 Ago 2023

A Fundación Legar e a Cooperativa Outonía organizan esta tarde na praza de España do Incio e a partir das 18.00 horas un obradoiro creativo para nenos e nenas da comarca baixo o nome de 'Contacontos musicado: O Oso Caroso'.

Estas organizacións dedícanse a promover o patrimonio inmaterial da tradición e do rural. Así, a Fundación Legar é unha entidade creada para difundir, promover e preservar a música de raíz; mentres que a Cooperativa Outonía ten como pretensión xestar proxectos educativos desde e para os territorios rurais e baseados na educación e na sostibilidade rural.

Mediante a conxunción de ámbalas dúas asociacións, os nenos e nenas do Incio poderán desfrutar dunha actividade na que, mediante o conto lido de Outonía e a representación musical del por parte da Fundación Legar, poderase constituír un gran espectáculo.

0.14830279350281