O Incio acolle un curso de coidados básicos para persoas con alzhéimer
SarriaXa
A actividade desenvolverase no multiusos do Concello do Incio en horario de 17.00 a 20.00 horas
22 Out 2024
O Concello do Incio, en colaboración con Afalu Alzheimer, ofrece este mércores, 23 de outubro, un curso de coidados básicos para persoas con alzhéimer.
A actividade será gratuíta para aquelas persoas que desexen participar, que xa se poden apuntar no Concello do Incio ou a través do correo afalu@afalu.org ou no teléfono 607 843 384.
A actividade desenvolverase no multiusos do Concello do Incio en horario de 17.00 a 20.00 horas.