O Incio acolle un curso dirixido ao sector da castaña

SarriaXa
O vindeiro martes 3 de agosto levarase a cabo un curso sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos dirixido ao sector da castaña.
30 Jul 2021

O vindeiro martes 3 de agosto levarase a cabo un curso sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos dirixido ao sector da castaña. A acción formativa celebrarase no local multiusos Cruz do Incio, en horario de 16 a 20 horas.

O programa abordará diversos conceptos como a comercialización, a gama de produtos, os circuítos de venda, a industrialización ou os mercados, así como os modelos de xestión, as variedades priorizadas, as pragas ou os programas de loita.

Deste xeito, o obxectivo principal deste curso é informar do que se está facendo no sector para que os produtores de castaña orienten as plantacións aos distintos mercados e poidan facer fronte ás actuais doenzas do castiñeiro.

Os interesados en anotarse ao curso poderán poñerse en contacto co departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Agacal, a través do teléfono 881 99 72 79 ou do enderezo electrónico formacion.agacal@xunta.gal.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

Cómpre lembrar que se conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que poden consultarse no enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15924406051636