O Incio acolle un curso formativo sobre mobilizacións e traslados en persoas dependentes
SarriaXa
Durante a sesión, falarase do sostén e movemento do corpo humano, cambios posturais e posición anatómicas
20 Nov 2024
O Concello do Incio e Afalu Alzheimer organizan unha actividade formativa para persoas coidadoras sobre mobilizacións e traslados en persoas dependentes.
Será esta tarde de mércores, 20 de novembro, en horario de 17.00 a 20.00 horas no edificio Multiusos do Concello do Incio.
Durante a sesión, falarase do sostén e movemento do corpo humano, cambios posturais e posición anatómicas, técnicas de movilización, traslado e deambulación e prevención de riscos.