O Incio acolle un taller científico aberto ao público para explicar o valor ambiental das árbores

SarriaXa
A Asociación As Xeitosas organiza 'Lambiscadas Científicas' o 4 de outubro no antigo mercado gandeiro
xuvenciencia
13 Sep 2025

A Asociación As Xeitosas impulsa unha nova iniciativa de divulgación coa organización do taller de ciencia para todos os públicos Lambiscadas Científicas, que terá lugar no antigo mercado gandeiro do Incio o sábado 4 de outubro ás 17:30 horas.

Durante a actividade, as persoas asistentes coñecerán de maneira práctica e sinxela como as plantacións novas e ben xestionadas poden xerar un rendemento económico para os propietarios do monte, grazas á capacidade das árbores para capturar carbono e contribuír así á loita contra o efecto invernadoiro.

O obxectivo é achegar conceptos ambientais á cidadanía, fomentando a sensibilización e a valoración do papel dos bosques fronte ao cambio climático.

⚙ Configurar cookies
0.091243982315063