O Incio acolle unha formación sobre castiñeiros na que participarán alumnos de Bóveda

SarriaXa | RibeiraSacraXa
A xornada informativa será sobre 'As doenzas máis importantes que asolan ao castiñeiro e aos seus tratamentos'
arbore-natureza-bosque-castineiro-senlleira
27 Ago 2024

O local social do mercado gandeiro do Concello do Incio acolle o 29 de agosto, en horario de 11.00 a 13.00 horas, unha xornada informativa sobre 'As doenzas máis importantes que asolan ao castiñeiro e aos seus tratamentos'.

Na xornada van participar os alumnos e alumnas do obradoiro de emprego, do que tamén forma parte o Concello de Bóveda. Está ademais aberta a quen queira participar.

A charla será impartida por técnicos do Centro Agroforestal do Inorde, en convenio coa Consellería do Medio Rural, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico.

0.081588983535767