O Incio acolle unha máster class solidaria de zumba a favor da Plataforma Diversa Infantil

O Concello do Incio colabora coa máster class de zumba organizada pola profesora Anita, que terá lugar o vindeiro 15 de novembro no pavillón do CEIP Ricardo Gasset, a partir das 16:30 horas.
A actividade ten un carácter solidario, xa que a recadación íntegra será destinada á Plataforma de Diversidade Funcional Infantil da Comarca de Sarria coa finalidade de apoiar a inclusión real dos nenos e nenas con diversidade funcional.
Na sesión participarán o recoñecido zumba jammer Seluco Fernández, así como os instrutores Milos, Karen, Sheila, Marlla, Pilar e Tania, que se suman a esta iniciativa deportiva e solidaria.
O evento promete unha tarde de baile, enerxía e solidariedade no municipio do Incio, implicando á comunidade na loita pola igualdade e a inclusión.