O Incio acollerá a A ITV móbil para vehículos agrícolas do 9 ao 13 de marzo

SarriaXa
As inspeccións realizaranse en Noceda, Cruz do Incio e Val do Mao con distintos horarios
ITV-agrícola-Triacastela-2
7 Mar 2026

A unidade móbil da ITV estará no Incio entre os días 9 e 13 de marzo en diferentes puntos do termo municipal para a realización das inspeccións técnicas periódicas de vehículos agrícolas.

O 9 de marzo a primeira parada será en Noceda, na pista polideportiva, cun horario de mañá de 09:00 a 13:30 horas e pola tarde de 15:15 a 18:00 horas.

Ao día seguinte, o 10 de marzo, a ITV móbil desprazarase á Cruz do Incio, mantendo o mesmo horario, de 09:00 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde.

Xa o 11 de marzo tamén na Cruz do Incio, de novo con atención en horario de mañá e tarde, de 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.

O 12 de marzo a unidade móbil situarase en Val do Mao, no Campo da Festa, cun horario idéntico ao das xornadas anteriores, mentres que o servizo rematará o 13 de marzo no mesmo emprazamento de Val do Mao, cunha única quenda de mañá, de 09:00 a 13:00 horas.

0.094342947006226