O Incio acollerá en agosto a segunda edición do seu campus de fútbol dirixido a nenos e nenas

SarriaXa
A actividade desenvolverase do 4 ao 8 no campo municipal de Carboeiro e contará con prazas limitadas a 20 participantes
primeiro-campus-de-verán-do-Incio-CF
7 Jul 2025

O campo municipal de Carboeiro, no Concello do Incio, será o escenario da segunda edición do campus de fútbol organizado polo club O Incio CF, que terá lugar do 4 ao 8 de agosto en horario de mañá, entre as 10:00 e as 14:00 horas.

A actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos e contará con prazas limitadas, cun máximo de 20 participantes e un mínimo necesario de 10 inscricións para que se leve a cabo. O prazo límite para anotarse remata o 25 de xullo.

O prezo do campus é de 75 euros e inclúe formación deportiva a cargo dun adestrador titulado, equipamento deportivo, seguro, almorzo a media mañá (que consistirá en bocadillo e froita), diploma acreditativo e un agasallo do club organizador. Trátase dun campus mixto que busca fomentar o deporte base no municipio.

A actividade estará dirixida por Felipe Varela Fernández, adestrador titulado de nivel 3 con experiencia en categorías inferiores, actualmente vinculado ao Milagrosa. As persoas interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa inscrición a través do teléfono 654 652 346.

⚙ Configurar cookies
0.15392303466797