O Incio acollerá este sábado unha nova edición dos Cantos de Taberna

SarriaXa
A actividade, organizada pola Aula de Música Tradicional do Incio e coa colaboración do Concello, reunirá a varios grupos de música popular
Cantos-de-Taberna-O-Incio-2024
29 May 2025

O Incio acollerá este sábado, 31 de maio, unha nova edición dos Cantos de Taberna, unha cita coa música tradicional que converterá a vila nun escenario vivo de festa, copla e tradición a partir das 18:30 horas.

A actividade, organizada pola Aula de Música Tradicional do Incio e coa colaboración do Concello, reunirá a varios grupos de música popular que percorrerán distintos locais do centro para levar os seus sons ao público.

Participarán nesta edición as formacións Xampó, Son do Mao, Os Ministreles, Gaiteiros de Goián e Tarabelos do Saviñao, que actuarán nos bares Paradís Rural, O Sarabia e Cantina da Purita, así como na Praza de España, espazos que acollerán a veciñanza e visitantes con música en directo e ambiente festivo.

A xornada rematará cunha foliada libre e degustación de iscos na praza a partir das 21:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.15002202987671