O Incio acollerá inspeccións técnicas de vehículos agrícolas en abril

SarriaXa
O servizo estará dispoñible en diferentes localizacións entre os días 1 e 4 de abril, co obxectivo de facilitar aos propietarios o cumprimento das normativas
ITV-agricola
30 Mar 2025

O Concello do Incio informou que a unidade móbil da empresa Supervisión e Control S.A. (ITV) desprazarase ao municipio a comezos de abril para realizar as inspeccións técnicas periódicas de vehículos agrícolas.

O servizo estará dispoñible en diferentes localizacións entre os días 1 e 4 de abril, co obxectivo de facilitar aos propietarios destas máquinas o cumprimento das normativas de seguridade.

As inspeccións comezarán o 1 de abril na pista polideportiva de Noceda, en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas, e pola tarde, de 15.15 a 18.00 horas. O día 2 de abril, a unidade móbil trasladarase ata Cruz do Incio, mantendo o mesmo horario. Ao día seguinte, 3 de abril, repetirase a localización en Cruz do Incio, pero só en horario de mañá.

Finalmente, o 4 de abril, os técnicos desprazaranse ata Val do Mao, no Campo da Festa, onde tamén se realizarán inspeccións tanto en horario matutino como vespertino.

Desde o Concello lembran a importancia de acudir á revisión para garantir o bo estado dos vehículos agrícolas e evitar posibles sancións. Para solicitar cita previa, os interesados poden contactar a través do teléfono 981 928 080 ou rexistrarse na web www.sycitv.com.

⚙ Configurar cookies
0.35864305496216