O Incio acollerá unha ruta pola súa capitalidade e bosques o vindeiro 10 de novembro
O Incio será o protagonista dunha actividade organizada por Máis Que Románico o vindeiro domingo, 10 de novembro, no que se percorrerán 2,5 km de camiño.
Así, será unha ruta botánica polo Concello do Incio na que as persoas participantes poderán coñecer as principais zonas verdes urbanas da capital do Incio e atravesar algúns dos seus soutos, nos que descubrirán aspectos sobre o castiñeiro, do seu cultivo e etnografía.
Ademais, visitarán dous templos do municipio que se consideran emblemáticos de Galicia, así como se falará da singular xeoloxía deste territorio e do seu medio ambiente prehistórico.
O punto de encontro para as persoas participantes, que terán que reservar praza no número 646 533 229 e pagar un custo de 15 euros por adulto e 5 euros por neno, será a praza de España da Cruz do Incio ás 10.00 horas.