O Incio acolleu esta fin de semana un curso de soporte vital básico para voluntarios de Protección Civil
O Incio acolleu esta fin de semana un curso de soporte vital básico para voluntarios de Protección Civil, unha formación fundamental para proporcionar maior seguridade ante calquera tipo de emerxencia relacionada cos paros cardíacos.
Ante un paro cardíaco cada minuto conta, por iso, saber utilizar un desfibrilador semiautomático externo automático pode ser a diferencia entre a vida e a morte. Malia que o desfibrilador é moi fácil de manexar, ter unha formación guiada por persoal experto e as conseguintes prácticas con simulacións é a única forma de familiarizarse cos pasos e aprender a controlar a situación e os nervios nunha situación de verdade.
A morte súbita ou parada cardíaca é un problema que ocorre de maneira inesperada e con relativa frecuencia en España. O 80% dos casos suceden en domicilios ou na vía pública e tan só é posible axudar de forma inmediata co uso do DESA por parte dos testemuñas ou primeiros intervenientes. O recoñecemento rápido da situación e o uso precoz deste elemento é esencial para poder reverter a situación. O tempo é vital nunha persoa que sofre unha parada cardíaca, posto que cada minuto que pasa sin que se inicien as manobras de RCP e o uso do desfibrilador reducen as posibilidades de supervivencia nun 10%. Por iso, o Consello Español de Resucitación Cardiopulmonar e a Sociedade Española de Cardioloxía avogan pola instalación de máis dispositivos deste tipo en lugares públicos.