O Incio celebra o magosto no día de mañá
No día de mañá, domingo 31 de outubro, a Asociación Cultural e Veciñal Os Fanagueiros de Eirexealba, no Incio, convida ao seu tradicional magosto. Así pois, dende a asociación informaron que, despois de pasar case dous anos sen poder celebrar ningún acto, chega un ano máis o magosto.
A celebración comezará ás 14 horas no campo da festa, onde se realizará unha comida composta por empanada, polbo, carne ao caldeiro, postre e café. Seguidamente, a asociación invitará a todas aquelas persoas que o desexen a participar no magosto, a través da degustación de castañas asadas acompañadas dunha queimada.
Unha xornada lúdica e especial, que se celebrou durante anos e que cumplirá con todas as medidas sanitarias correspondentes -emprego de máscara e distancia de seguridade-.
Así mesmo, hai que lembrar que este festexo se realizará no pavillón.