O Incio celebra unha xornada formativa en materia dixital

SarriaXa
O Incio celebra unha xornada formativa en materia dixital para aquelas persoas que desexen levar a cabo xestións desde a casa
Incio preto de ti portada
Incio preto de ti portada
13 Dec 2022

Mañá a partir das 10.15 horas terá lugar unha xornada formativa en materia dixital para os veciños e veciñas do Incio.

O Concello do Incio promove esta actividade para informar sobre os trámites que os cidadáns poden realizar dende as súas casas de forma dixital.

Ademais, as persoas encargadas de impartir a charla ofrecerán a posibilidade de emitir o certificado dixital ou a clave permanente a quen o desexe, se non a teñen.

O obxectivo é promover que os cidadáns teñan unha relación tranquila e asumible coas administracións públicas e así xestionar os seus problemas de forma sinxela.

Incio preto de ti
0.05231785774231