O Incio CF remata os adestramentos cos escolares do CEIP Ricardo Gasset

SarriaXa
O Incio CF celebrou no día de onte a última sesión da tempada cos nenos e nenas do colexio Ricardo Gasset do Incio.
incio colexio alumnos
19 Xuño 2021

O Incio CF celebrou no día de onte a última sesión da tempada cos nenos e nenas do colexio Ricardo Gasset do Incio. Rematan desta forma, unhas xornadas de aprendizaxe e de diversión nas que se busca promover o deporte, así coma hábitos saudables.

Ademais, desta maneira, os máis pequenos e pequenas comezan a coñecer e a identificarse con equipos dos seus propios municipios.

Así mesmo, nesta última sesión, os escolares agasallaron aos monitores cun detalle de despedida. Dende o Incio CF agradecen o trato recibido e esperan voltar en vindeiros cursos para seguir aportando o seu grao de area e transmitir os valores do deporte dunha forma lúdica e amena.

0.17308402061462