O Incio corta o subministro de auga en Rubián de Cima e A Cervela por unha avaría

O Concello do Incio informou de que na mañá deste luns, 13 de abril, se procederá ao corte do subministro de auga nas zonas de Rubián de Cima e A Cervela co obxectivo de reparar unha avaría detectada na rede.
Segundo trasladou o goberno local, os traballos comezaron a primeira hora do día, polo que se agarda que a incidencia poida quedar solucionada ao redor do mediodía, momento no que se restablecería o servizo con normalidade.
Desde o Concello pídese comprensión á veciñanza afectada por este corte puntual, necesario para garantir o correcto funcionamento da rede de abastecemento.