O Incio e Láncara terán novas casas niño

SarriaXa
O Incio e Láncara terán novas casa niño que ofrecerán atención integral e personalizada a un máximo de cinco nenos
casa niño
28 Out 2022

Co fin de facilitar a conciliación das familias, O Incio e Láncara ofrecerán atención integral e personalizada a un máximo de cinco nenos comprendidos entre os 3 meses e os 3 anos coa apertura de novas casas niño.

Estas casas niño do Incio e Láncara forman parte das seis novas casas financiadas polo Goberno galego na última convocatoria de axudas. Deste xeito, xa son 95 as casas niño postas en marcha pola Xunta de Galicia desde o 2016, isto é, 475 prazas gratuítas de atención á infancia nos concellos de menor tamaño.

As casas niño son un modelo de atención á infancia de 0 a 3 anos adaptado ás características dos concellos do rural de Galicia nos que o servizo se desenvolve con carácter gratuíto de luns a venres durante todo o ano, agás os días festivos e un mes de cada doce no que permanece pechada por vacacións.

A Xunta, a través deste programa achega recursos de conciliación a concellos do rural onde non existían,  fomenta a creación de emprego e permite a recuperación de inmobles en desuso.

0.16716194152832