O Incio impulsa a contratación de dous peóns forestais durante nove meses

SarriaXa
O proceso selectivo realizarase mediante concurso-oposición e está vinculado a un programa autonómico de emprego
Concello_do_Incio
7 Apr 2026

O Concello do Incio vén de iniciar o procedemento para incorporar dous peóns forestais, cunha duración contractual de nove meses e a xornada completa. Estas contratacións estarán financiadas a través do programa Galicia Suma Talento, Rural Activo 2026, dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

As persoas seleccionadas encargaranse de realizar tarefas relacionadas coa limpeza e o tratamento da biomasa vexetal, incluíndo actuacións como o desbroce en vías municipais e o mantemento de diferentes espazos públicos.

A selección das candidaturas levarase a cabo mediante a presentación dunha oferta de emprego por parte do Concello na oficina correspondente, seguindo as bases establecidas para este procedemento. O sistema escollido será o de concurso-oposición, que combinará a valoración de méritos coas probas selectivas.

0.11465716362