O Incio impulsa unha nova edición das aulas de música e baile tradicional para o curso 2025/2026

O Concello do Incio, en colaboración coa ANPA Ricardo Gasset, pon en marcha unha nova edición das aulas de música e baile tradicional para o curso 2025/2026. A iniciativa busca promover a cultura e as tradicións musicais entre veciños de todas as idades, cun programa que combina formación instrumental e clases de danza.
As sesións de música terán lugar no colexio do Incio os venres pola tarde. O horario inclúe “Música e movemento” para nenos e nenas de 4 a 7 anos, percusión tanto para adultos como para rapaces a partir de 8 anos, e tamén clases de gaita e acordeón dirixidas a maiores de 8 anos e persoas adultas. As materias serán impartidas por Pablo Fernández López e Daniel Fernández López.
Pola súa parte, as clases de baile celebraranse no antigo mercado gandeiro os xoves. Haberá un grupo infantil, de 16:30 a 17:30 horas, e outro para adultos, de 19:00 a 20:00 horas, baixo a dirección de Branca Albán.
O prezo das actividades será de 10 euros mensuais por cada modalidade. As persoas interesadas poden formalizar a matrícula no Concello do Incio, no teléfono 982 427 014.