O Incio loita contra o despoboamento ao facer parte do programa Holapueblo

SarriaXa
O Incio forma parte da terceira edición de Holapueblo, unha plataforma que pelexa contra o despoboamento co fin de atraer novos veciños.
ruta vilasouto incio3
21 Xuño 2022

O Incio forma parte da terceira edición do programa Holapueblo. A plataforma pelexa contra o despoboamento co fin de sumar novos veciños a concellos de todo o territorio español con menos de 2.000 habitantes.

Nesta terceira edición foron escollidas 80 aldeas de toda España, entre as que se atopa o municipio de O Incio para participar nun programa nacional que ata o intre logrou que 19 concellos de 14 provincias gañen poboación,

Así mesmo, en Galicia tamén están seleccionados os concellos de Bóveda, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Parada de Sil.

O proxecto patentado por AlmaNatura e impulsado por el Grupo Red Eléctrica e IKEA, coa colaboración de Triodos Bank, Fundación Triodos, Correos e Reale Seguros, ten como meta impulsar a repoboación nas áreas rurais, facilitando o contacto de persoas que desexen facer realidade o seu proxecto de emprendemento no medio rural e as aldeas en busca de novos habitantes.

Asemade, desde Holapueblo presentan unha oferta privada e outra municipal para os interesados en crear un novo fogar en O Incio. A primeira mostra unha "variedade de vivendas en venda e apartamentos  dispoñibles en aluguer dende 250 euros ao mes". Por outra beira, no segundo caso explican que a vivienda municipal estará "suxeita á dispoñibilidade e cumplimento dos criterios que o Concello dispoña".

0.18129420280457