O Incio ofrecerá durante este curso actividades na súa aula musical e de baile

SarriaXa
As clases serán impartidas por dous profesores, Daniel Fernández dará as clases musicais e Branca Albán impartirá as de baile
ceip-ricardo-gasset-o-incio
28 sep 2024

O Concello do Incio, en colaboración coa ANPA Ricardo Gasset do Incio, ofrece, de novo este curso, clases de instrumentos na aula de música e baile tradicional.

As clases, ás que as persoas interesadas xa se poden apuntar no Concello do Incio ou a través do teléfono 982 427 014, darán comezo a semana do 14 de outubro.

Con respecto ás clases de música, todas elas serán os sábados pola tarde e impartidas por Daniel Fernández López. Así, música e movemento será ás 16.15 horas para nenos entre 4 a 7 anos; gaita será ás 17.00 horas para nenos de máis de 8 anos e adultos; percusión infantil será ás 18.00 horas para nenos de máis de 8 anos; percusión adultos será ás 19.30 horas, e acordeón será ás 20.45 horas tanto para nenos maiores de 8 anos e adultos.

Pola súa parte, as clases de baile serán os mércores e serán impartidas pola profesora Branca Albán. Así, ás 16.30 horas tera lugar a clase de baile infantil para maiores de 4 anos e ás 19.30 horas terán lugar as clases de baile adultos para maiores de 13 anos.

0.14526391029358