O Incio propón un campamento de Nadal co nome de 'O taller dos elfos'

O Concello do Incio pon en marcha o campamento de Nadal 'O taller dos elfos', dirixido a nenos e nenas a partir dos 3 anos. A actividade celebrarase do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, en horario de 09:00 a 14:00 horas.
As inscricións poden realizarse ata o 18 de decembro no propio Concello do Incio ou chamando ao teléfono 982 42 70 14.
O campamento está cofinanciado polo Plan Corresponsables, dependente do Ministerio de Igualdade do Goberno de España, e pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, e busca ofrecer un espazo de lecer educativo durante as vacacións de Nadal.