O Incio presenta o espectáculo Empanadilla da casa

SarriaXa
O domingo 5 de setembro chega ao Incio o espectáculo musical Empanadilla da casa, a cargo de Migallas Teatro.
empanadilla da casa migallas teatro
4 sep 2021

O domingo 5 de setembro chega ao Incio o espectáculo musical Empanadilla da casa, a cargo de Migallas Teatro. Neste espectáculo combínase a música live do álbum Zaragallada, da banda Miallas con sketchs humorísticos a cargo da actriz María Campos.

O disco Zaragallada é o terceiro de Migallas Teatro e, a diferencia dos outros dous que estaban adicados ao público infantil, este está dirixido principalmente á xuventude e ás persoas adultas. Este disco conta con 13 temas con ritmos e contidos variados, onde se pode escoitar cancións pop, rock, ska, pasodobre, rumba e vals, entre outras moitas.

Moitas das letras, pola súa beira, tratan cuestións de tipo social aderezadas con humor e ironía e outras de carácter lírico.

Alternando as cancións realízanse interpretacións teatrais nas que se tratan en clave de humor temas moi próximos aos espectadores e espectadoras como comportamentos sociais, consumismo, prexuízo sobre a lingua galega, entre outras.

Así pois, a actuación realizarase ás 18.30 horas en Vilademouros, no Incio. Unha actuación única dirixida a todos os públicos onde se poderá gozar, así coma aprender sobre temas de relevancia.

0.14076709747314