O Incio programa pilates, ximnasia de mantemento e zumba para o novo curso

SarriaXa
As actividades desenvolveranse en diferentes localidades do municipio cun prezo mensual de 10 euros
zumba-O-Incio
19 Sep 2025

O Concello do Incio pon en marcha este mes de outubro unha nova programación deportiva que inclúe pilates, ximnasia de mantemento e zumba. As actividades impartiranse en distintas parroquias do municipio e contarán cun custo reducido de 10 euros ao mes, cunha modalidade de pago trimestral.

As sesións de pilates celebraranse en Val do Mao os luns e xoves ás 17.00 horas, mentres que en Vila de Mouros terán lugar os martes ás 17.30 horas e os xoves ás 18.30 horas. Pola súa parte, a ximnasia de mantemento levarase a cabo no propio Incio os luns e venres ás 11.00 horas. A oferta complétase coas clases de zumba, tamén no Incio, programadas para os martes e venres ás 20.00 horas.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse no Concello ou chamar ao teléfono 982 427 014.

⚙ Configurar cookies
0.10246515274048