O Incio promove 10 cursos de balde para traballadores

SarriaXa
Os cursos van dirixidos a traballadores empregados, en paro, autónomos ou en situación de Erte. Duran de 40 a 210 horas.
9 Feb 2021

O Concello do Incio promove este mes de febreiro novas actividades formativas de balde, dirixidas a traballadores empregados, parados, autónomos ou en situación de Erte.

Así, este mes ofértanse os cursos de Ferramentas de xestión do solo; Formación básica para limpeza; Eficiencia enerxética, construción de edificios; Xestión e organización da explotación agraria; Depuración de augas residuais; Introducción á apicultura tradicional ecolóxica; Normativa ambiental; Incendios forestais. Efectos medioambientais; Enerxías renovables, especialidade biomasa; e Xestión sostible dos residuos.

Os cursos desta oferta formativa van desde as 40 ás 210 horas de duración e son de balde. Unha vez rematados, os alumnos recibirán un título homologado pola Fundae que acredita a superación do curso e o número de horas que se realizaron. A acción formativa será supervisada ademais polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) para garantir o rigor do ensino.

As persoas interesadas en realizar algún destes cursos deberán chamar ao Concello do Incio ao teléfono 982 42 70 14 en horario de 9.00 a 14.00 horas.

0.17312216758728