O Incio promove actividades extraescolares de inglés, patinaxe e apoio escolar

SarriaXa
Unha oferta educativa e de lecer saudable para alumnado de todas as idades
ceip-ricardo-gasset-o-incio
22 Sep 2025

O Concello do Incio vén de anunciar a posta en marcha dun variado programa de actividades extraescolares para este curso académico, dirixido a alumnado de infantil, primaria, ESO e Bacharelato. O obxectivo é favorecer a aprendizaxe, o apoio escolar e o lecer activo da mocidade do municipio.

No colexio do Incio ofertaranse clases de patinaxe, que se impartirán os luns de 17:30 a 18:30 horas, así como sesións de inglés gratuítas para secundaria: os mércores, de 17:30 a 18:30 horas, estarán destinadas ao alumnado de Bacharelato, mentres que os xoves no mesmo horario acudirán os rapaces e rapazas de ESO. Ademais, porase en marcha unha aula de repaso, con horario aínda por determinar, para reforzar distintas materias e axudar ao alumnado nas súas tarefas escolares.

Tamén na Vila de Mouros haberá clases de inglés todos os mércores, cun horario adaptado ás diferentes idades: de 16:00 a 17:00 horas para ESO, de 17:00 a 17:45 horas para infantil, e de 18:00 a 19:00 horas para primaria. Estas sesións serán gratuítas para as persoas empadroadas no concello, mentres que os non empadroados deberán aboar unha cota mensual de 20 euros. As clases darán comezo o 1 de outubro.

As persoas interesadas poden inscribirse xa no propio Concello ou chamando ao teléfono 982 427 014.

⚙ Configurar cookies
0.096843004226685