O Incio promove este mes once cursos de balde para traballadores
O Concello do Incio promove este mes de abril novas actividades formativas de balde, dirixidas a traballadores en activo, autónomos ou en situación de Ere ou Erte.
Así, este mes ofértanse os cursos de introdución á apicultura tradicional e ecolóxica; prevención en traballos en altura; seguridade e hixiene na industria alimentaria; xestión de compras informatizada; xestión e organización da explotación agraria; fundamentos do plan de márketing en internet; extinción de incendios forestais; poda e medioambiente; prevención de Riscos Laborais no mantemento do invernadoiro; asesor de imaxe estilista de moda; e limpieza e hixienización.
Os cursos son gratuítos e, unha vez rematados, os alumnos recibirán un título homologado pola Fundae que acredita a superación do mesmo e o número de horas que se realizaron. A acción formativa será supervisada ademais polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) para garantir o rigor do ensino.
As persoas interesadas en realizar algún destes cursos deben chamar ao Concello do Incio ao teléfono 982 42 70 14 en horario de 9.00 a 14.00 horas.