O Incio protagonizará a primeira das “Rutas con Encanto” da Casa da Memoria de Bóveda

SarriaXa | RibeiraSacraXa
A Asociación “A Memoria é Náufraga” promove esta actividade que percorrerá a fervenza de Lóuzara, o pobo da Ferrería, a igrexa do Hospital e os muíños de Vila e Sancho
escapada-o-incioo-a-casa-da-memoria
17 Apr 2025

A Casa da Memoria de Bóveda incorpora neste 2025 unha nova actividade na que a memoria e o patrimonio, dous conceptos fundamentais que promoven dende a Asociación “A Memoria é Náufraga”, serán os protagonistas.

Así, este vindeiro sábado, 19 de abril, organizan unha visita totalmente gratuíta ao concello do Incio, co obxectivo de poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio e a natureza da contorna da Casa da Memoria.

Na ruta, que terá unha duración de aproximadamente catro horas con saída da Casa da Memoria ás 10.00 horas, as persoas participantes descubrirán a historia de lugares como fervenza de Lóuzara, o pobo da Ferrería, a igrexa San Pedro Fiz do Hospital e os muíños de Vila e Sancho.

⚙ Configurar cookies
0.15142798423767