O Incio recibiu 42.350 euros da Xunta de Galicia para adquirir un vehículo 'pick-up'

SarriaXa
O vehículo será empregado pola brigada ambiental municipal nos seus labores de inspección e control dos espazos naturais e recreativos, ademais doutras tarefas
Vehículo-O-Incio-Xunta
9 Dec 2024

O Concello do Incio recibiu 42.350 euros da Xunta de Galicia para adquirir un vehículo pick-up destinado a realizar traballos de protección do medio ambiente e dos espazos naturais. A colaboración é froito dun convenio entre a entidade local e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

O vehículo será empregado pola brigada ambiental municipal nos seus labores de inspección e control dos espazos naturais e recreativos, tarefas de prevención de incendios, atención ás emerxencias, eliminación de posibles vertedoiros incontrolados ou mantemento e acondicionamento de camiños públicos de acceso a núcleos de poboación e fincas.

Trátase dun todoterreo con caixa traseira que pode ser cuberta ou descuberta segundo as necesidades de carga, tracción 4x4 e gancho de remolque, entre outras características.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, enmarcou esta acción “na cooperación permanente da Xunta cos concellos para levar os servizos á cidadanía alí onde se precisan”.

⚙ Configurar cookies
0.54323601722717